DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello da Fonsagrada. (Expediente IN407A 09/220-2, 7529 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002, Lugo.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T.S. en travesía Rosalía de Castro, s/n, A Fonsagrada.

Situación: concello da Fonsagrada.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, consistente en anelar o C.T. travesía Rosalía de Castro, entre o C.T. Parque, 16 e o C.T. praza de España, cunha lonxitude de 70 metros en condutor proxectado tipo R.H.Z.-150.

C.T. travesía Rosalía de Castro en edificio prefabricado, cunha potencia proxectada de 630 kVA, unha potencia inicial de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

R.B.T. con orixe no C.T. travesía Rosalía de Castro e final na B.T.V. proxectada no edificio que se electrificará, cunha lonxitude de 25 metros en condutor R.V.-95.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 8 de xuño de 2010.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo