DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Xove. (Expediente IN407A 09/219-2, 7528 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002, Lugo.

Denominación: adecuación de C.T.C. 02519 Os Chozos e R.B.T.S. para subministración eléctrica na avenida Deputación, s/n.

Situación: concello de Xove.

Características técnicas: adecuación do C.T.C. Os Chozos (02519), consistente na substitución do C.T. actual de 250 kVA por un de 630 kVA, o cambio de fusibles da cela correspondente, a instalación dun novo cadro de baixa tensión.

Rede de baixa tensión soterrada con orixe no C.T. Os Chozos e final na C.X.P. do edificio que se electrificará, cunha lonxitude de 242 metros en condutor tipo R.V.-150.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 8 de xuño de 2010.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo