Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., CC.TT. número 3 en Monte Patelo.
Situación: concello da Coruña.
Características técnicas:
Liña eléctrica subterránea de medi tensión a 15/20 kV, de 50 m de lonxitude, en condutor R.H.Z.-1 (AS) de 400 mm2 Al, con orixe e final na L.M.T.S. número 1 do expediente 305/09, pasando polo novo C.T. denominado número 3 de Monte Patelo, sito na avenida dos Baños de Arteixo, parcela C.C. de Marineda Praza con dous trafos de 630 kVA c/u. A Grela. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 30 de abril de 2010.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña