Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Historiador Vedía 14.
Situación: concello da Coruña.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 52 m, con orixe na L.M.T.S. SPV-705 Médico Durán entre os CC.TT. Historiador Vedía (expediente IN407A 03/347) e Palacio Congresos, en condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al e final no C.T. proxectado.
Centro de transformación (C.T.) non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV. Concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 2 de xuño de 2010.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña