DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ANUNCIO do 17 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 16 de xuño de 2010, de non someter a modificación puntual das normas subsidiarias. Usos en solo do núcleo rural do concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra), ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual das normas subsidiarias. Usos en solo do núcleo rural do concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra), ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet:

http://aae.medioambiente.xunta.es

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2010.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental