DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

CÉDULA do 14 de xuño de 2010, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores por infracción da normativa en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de correos porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expediente LU-00431-O-2009 e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o subdirector xeral de Inspección de Transportes ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa reguladora dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, os interesados deberán aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais da Dirección Xeral de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2010.

Xosé Lluis Fernández Suárez

Subdirector xeral de Inspección do Transporte

Ver referencia pdf "12800D017P080.PDF"