DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se fai pública a adxudicación definitiva para a contratación da póliza de seguros privados que cubra os riscos de responsabilidade civil/patrimonial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para os efectos do disposto no artigo 138, da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a adxudicación do seguinte expediente de contratación:

Contratación da póliza de seguros privados que cubra os riscos de responsabilidade civil/patrimonial da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Facenda-Secretaría Xeral e do Patrimonio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral do Patrimonio.

c) Publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: DOG nº 72, do 19 de abril de 2010

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do contrato é a contratación pola Consellería de Facenda, dos contratos de seguro que cubran os riscos de responsabilidade civil patrimonial xeral e responsabilidade civil patrimonial sanitaria dos órganos, organismos e entidades que se definen como asegurados no prego de prescricións técnicas.

Dentro do expediente de contratación, en orde á adxudicación do contrato, existen as seguintes seccións:

Sección 1: responsabilidade civil/patrimonial sanitaria.

Sección 2: responsabilidade civil/patrimonial xeral.

b) Lugar de realización do servizo: locais das empresas adxudicatarias.

c) Prazo de execución: a duración do contrato será dous anos, desde as 00.00 horas do día 1 de xullo de 2010 ata as 24.00 horas do día 30 de xuño de 2012.

O contrato poderase prorrogar, por mutuo acordo das partes, antes de que remate o prazo de vixencia do mesmo e por un máximo de dous anos.

3.- Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

O importe de licitación ascende a 11.604.318 euros, coa seguinte desagregación:

Exercicio 2010: 2.901.079,50 euros.

Exercicio 2011: 5.802.159 euros.

Exercicio 2012: 2.901.079,50 euros.

A prima anual para a sección 1: responsabilidade civil/patrimonial sanitaria, fíxase na suma máxima de 3.467.950 euros.

A prima anual para sección 2: responsabilidade civil/patrimonial xeral, fíxase na suma máxima de 2.334.209 euros.

5. Adxudicación:

Zurich Insurance PLC sucursal en España.

NIF:W0072130H.

Prima total anual sección-I: 3.311.892 euros.

Prima total anual sección II: 2.229.169 euros.

Total pirma anual: 5.541.061 euros.

Importe total do contrato (por dous anos): 11.082.122 euros.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2010.

Rosa Mª Pedrosa Pedrosa

Secretaria xeral e do Patrimonio da Consellería

de Facenda