DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se fai pública a adxudicación definitiva para a contratación da póliza de seguros privados que cubra os riscos patrimoniais, persoais e de responsabilidade civil derivada da circulación dos vehículos de motor que compoñen a frota da Administración da Xunta de Galicia.

Para os efectos do disposto no artigo 138, da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a adxudicación do seguinte expediente de contratación:

Contratación da póliza de seguros privados que cubra os riscos patrimoniais, persoais e de responsabilidade civil derivada da circulación dos vehículos de motor que compoñen a flota da Administración da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Facenda-Secretaría Xeral e do Patrimonio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral do Patrimonio.

c) Publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: DOG nº 72, do 19 de abril de 2010.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do contrato é a contratación pola Consellería de Facenda, do contrato de seguro privado que cubra os riscos patrimoniais, persoais e de responsabilidade civil derivada da circulación dos vehículos de motor que compoñen a flota da Administración xeral da Xunta de Galicia.

b) Lugar de realización do servizo: locais das empresas adxudicatarias.

c) Prazo de execución: a duración do contrato será dous anos, desde as 00.00 horas do día 1 de xullo de 2010 ata as 24.00 horas do día 30 de xuño de 2012.

O contrato poderase prorrogar, por mutuo acordo das partes, antes de que remate o prazo de vixencia deste por un máximo de dous anos.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento de licitación ascende a 2.400.000 euros coa seguinte desagregación:

Exercicio 2010: 600.000 euros.

Exercicio 2011: 1.200.000 euros.

Exercicio 2012: 600.000 euros.

5. Adxudicación:

Bilbao Cía Anónima de Seguros y Reaseguros.

NIF: A48001648.

Importe de adxudicación:

Prima anual: 1.120.330 euros.

Importe de adxudicación para os dous anos: 2.240.660 euros.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2010.

Rosa Mª Pedrosa Pedrosa

Secretaria xeral e do Patrimonio da Consellería

de Facenda