DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.430

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (56/2008-M).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número dous da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número 56/2008-M, por instancia de Uxía López Piñón contra Onda Coruña, S.L. e Fogasa sobre salarios, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

RESOLVO

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Uxía López Piñón, debo condenar e condeno a empresa Onda Coruña, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 745,42 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis os xuros do 10% por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Onda Coruña, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que sexan emprazamentos, autos e sentenzas, expido e asino esta cédula na Coruña, o 10 de xuño de 2010.

María Adelaida Egurbide Margañón

Secretaria xudicial