DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.430

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (4217/2010).

Polo presente faise saber que, en providencia ditada no día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador José María Moreda Allegue, en nome e representación de José Vilamea Fariñas, María Dolores Guede Carballo, Secundino Vilar Rodríguez, Urbano Montaña Raposo contra resolución da Consellería de Medio Ambiente do 26 de xaneiro de 2010 que aprobaba definitivamente o proxecto de delimitación de solo de núcleo rural de Brandín-parroquia de Betán.

Recurso número: procedemento ordinario 4217/2010.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas que, téndoo sido persoalmente, teñen un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixexen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, un de xuño de dous mil dez.

Inmaculada Pérez Arrojo

Secretaria xudicial