DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.429

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2010, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 26 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 3 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 30 de xuño de 2010, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de xuño de 2010 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, acordou, de conformidade co disposto na base III.9. da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o día quince (15) de xullo de 2010, na aula nº 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo.

Para o desenvolvemento poderán servirse dos seguintes textos legais:

-Constitución española, do 27 de decembro de 1978.

-Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, Estatuto de autonomía de Galicia.

-Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

-Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Real decreto 429/1993, do 26 de marzo. Regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial.

-Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto. Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

-Lei 29/1998, do 13 do xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

-Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

-Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

-Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

-Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

-Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

-Decreto 92/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de situacións administrativas dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Decreto 94/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

-V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

-Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

-Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

-Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

-Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas.

-Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da comunidade autónoma galega.

-Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

-Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia.

En relación con estes textos legais, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas que figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doctrinal ou referencia xurisprudencial.

No caso de que para a resolución deste exercicio fose necesario o manexo dalgún texto normativo distinto dos anteriores, o tribunal deberá facilitar unha copia deste a cada aspirante.

Durante o desenvolvemento do exercicio, os membros do tribunal e o persoal colaborador poderán examinar o material que está a utilizar cada aspirante e comprobar se se axusta ao establecido nos parágrafos anteriores. O manexo de textos normativos distintos dos permitidos determinará a expulsión do aspirante.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento do que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2010.

María Antonia Arias Bouzas

Presidenta do tribunal