DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.427

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

ORDE do 2 de xullo de 2010 pola que se convocan para a elección de destino provisional os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado pola Orde do 21 de novembro de 2008.

En virtude da orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de novembro de 2008 (DOG nº 234, do 2 de decembro) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 24 de maio de 2010 (DOG nº 101, do 31 de maio).

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordantes, esta consellería

DISPÓN:

Convocar aos/ás aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, ao acto de elección de destino provisional que terá lugar no salón de actos pequeno da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 12 de xullo de 2010 ás 10.30 horas.

Os/as aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados, entre as que quedasen sen adxudicar.

No caso de solicitaren excedencia voluntaria por incompatibilidade deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal no que conste que o interesado presta servizos na actualidade na Administración, ou ben documentación que o acredite.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende esa mesma data, no caso dos aspirantes da quenda de promoción interna ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, e, no caso dos do sistema de acceso libre ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2010.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "12800D011P075.PDF"