DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.426

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2010 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Estatística no primeiro cuadrimestre de 2010.

De acordo co previsto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), onde se establece que os organismos autónomos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior e, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único.-Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2010, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2010.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

Ver referencia pdf "12800D009P074.PDF"