DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.425

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 6 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión negociadora do convenio da empresa Editorial La Capital, S.L.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 109, do 10 de xuño de 2010, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 10.502, no punto 2, onde di: «...comprométese a respectar durante o ano 2010 a mesma táboa salarial establecida como anexo número 1 no convenio colectivo vixente para 2009» debe dicir: «...comprométese a respectar durante o ano 2011 a mesma táboa salarial establecida como anexo número 1 no convenio colectivo vixente para 2010».