DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.351

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2010, da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pola que se anuncia a contratación dunha subministración para o equipamento e amoblamento do centro de día de Oleiros xestionado por este consorcio, mediante o procedemento aberto multicriterio e tramitación urxente.

Este Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/009/10/SU/CD.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: contratación dunha subministración de equipamento e mobiliario para o centro de día de Oleiros xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: ata o 30 de agosto de 2010 (máximo).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: procedemento aberto multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total : 155.953,12 €, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5% do orzamento de adxudicación).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal nº 30-32, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 87 13.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org

7. Requisitos específicos do/a contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se coincide en sábado ou festivo pasará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 6.2º do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de tratárense de persoas inscritas no Rexistro Xeral de Contratistas da Xunta de Galicia, deberán facelo constar así na parte exterior do sobre A, e consignar tamén o seu número de inscrición.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

3) Domicilio: rúa Amor Ruibal nº 30-32, baixo.

4) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o que a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal nº 30-32, baixo.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o décimo quinto (15º) día natural seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado ou festivo, pasará ao seguinte día hábil.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións:

-Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil de contratante.

-Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre C se atrase, farase publica a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil de contratante.

11. Gastos dos anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2010.

Roberto Rodríguez Martínez

Xerente do Consorcio Galego de Servizos

de Igualdade e Benestar