DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

EDICTO.

De conformidade co disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente 2417/09, tramitado por instancia de Unión de Operadores Reunidos, S.A., en solicitude de licenzas municipais de acondicionamento e de apertura de local con destino a salón de xogos no inmoble sito na rúa do Doutor Loureiro Crespo nº 7, baixo, de modo que durante un prazo de vinte días poderán presentarse alegacións en relación coa solicitude formulada e consultar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello de Pontevedra.

Pontevedra, 24 de maio de 2010.

Teresa Casal García

Tenente de alcalde delegada da Área de Urbanismo e Vivenda