DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA POBRA DE TRIVES

EDICTO.

Estrella González Rodríguez solicitou desta alcaldía, en representación de Embutidos Sierra de Queixa, S.L., licenza municipal para industria cárnica artesanal a ubicar en Trives, 36, da Pobra de Trives, cumprindo co disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, se somete á información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente na secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

A Pobra de Trives, 10 de xuño de 2010.

Jaime Álvarez Álvarez

Alcalde en funcións