DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial deste concello.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria do 18 de xuño de 2010, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.- Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial do Pereiro de Aguiar (Ourense), tramitada por instancia de Xestur Ourense, S.A., representada por Argimiro Marnotes Fernández en calidade de xerente, segundo a documentación técnica, redactada e asinada polos arquitectos Basilio Rodríguez Lois e Severo Fernández Castro, colexiados nº 2.734 e 2.726 do COAG respectivamente.

Segundo.- Someter o expediente ao trámite de información pública polo prazo de un mes, de acordo co previsto no artigo 86.1º a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004 e pola Lei 2/2010, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous diarios de maior circulación da provincia, con notificación a Xestur Ourense, S.A..

Durante este prazo, o expediente poderá ser examinado por calquera interesado no servizo de urbanismo en horario de oficina, e formular as alegacións e suxestións que considere procedentes, computándose o momento inicial do prazo de alegacións, desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e ata o transcurso do prazo dun mes computado desde a última das publicacións referidas.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos legais procedentes.

O Pereiro de Aguiar, 21 de xuño de 2010.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde