DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO de información pública.

Presentou neste Concello José Fernández Negro, en representación de SAT Crespo, (exp. 5644/10) solicitude de licenza para ampliación de explotación de vacún, no predio da súa propiedade, sito no lugar de Parada, parroquia de Parada, deste municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado durante un prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste Concello e formulen os interesados as alegacións que estimen convenientes.

Lalín, 31 de maio de 2010.

Xosé Crespo Iglesias

Alcalde