DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

EDICTO.

Virrecar, S.L. solicitou desta Alcaldía licenza de actividade para café bar, sito na rúa de Pacífico Rodríguez nº 7, baixo esquerda, deste municipio.

En cumprimento do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese ao trámite de información pública por un período de vinte días hábiles mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP, contados a partir da última publicación, para que os que consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende establecer poidan alegar o que consideren oportuno.

O expediente atópase de manifesto e pode consultarse en horas de oficina, de luns a venres, (das 9.00 ás 13.00 horas) na Secretaría do Concello.

A Guarda, 19 de maio de 2010.

José Manuel Domínguez Freitas

Alcalde