DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

EDICTO.

Manuel Garaboa Rodríguez, S.L. solicitou unha licenza municipal para a instalación e apertura da actualización de instalacións do complexo de talleres na avda. Alvedro número 33, da parroquia de Almeiras.

O expediente sométese á información pública durante un prazo de 20 días, segundo o que establece o artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo na secretaría do concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Culleredo, 26 de maio de 2010.

P.D. (Resolución do 2-7-2007, BOP nº 176, do 1

de agosto)

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo