DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

EDICTO.

Neograf Alvedro, S.L. solicitou unha licenza municipal para a instalación e apertura dun almacén de loxística no polígono industrial de Alvedro, rúa H (cuarteirón 6), da parroquia de Almeiras.

O expediente sométese a información pública durante un prazo de 20 días, segundo o que establece o artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo na secretaría do concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Culleredo, 1 de decembro de 2009.

P.D. (Resolución do 2-7-2007, BOP nº 176,

do 1 de agosto)

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo