DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Cambados. Dependencia que tramita o expediente: Contratación. Expediente: axuda no fogar (SAF).

2. Obxecto do contrato: xestión do servizo de axuda no fogar (SAF). Duración: 2 anos, prorrogables por outros dous anos máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto mediante pluralidade de criterios.

4. Orzamento de contrato anual: 110.000 euros. Retribución máxima do concesionario: días laborables: 13 euros (IVE engadido), días festivos e fins de semana: 15 euros (IVE engadido), Garantía provisional: 1.000 euros.

5. Obtención de documentación e información: entidade: Concello de Cambados. Praza do Concello, 1 (36630 Cambados). Teléfono: 986 52 09 02/9 43 (extensión 22). Fax: 986 52 48 66. Copistaría: Copistar. Rúa Isabel II, 11 baixo. 36630 Cambados. Teléfono: 986 52 10 40. Data límite de obtención de documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

6. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación: prazo: 26 días hábiles seguintes ao da publicación do correspondente anuncio no último dos boletíns en que deba selo (BOP e DOG) ou no perfil do contratante municipal (www.cambados.es). Documentación: a establecida na cláusula 30 do prego de cláusulas. Lugar de presentación: rexistro xeral do concello. das 9.00 ás 14.00 horas (luns a venres). 9.00 a 13.00 (sábados).

7. Apertura de ofertas: na casa consistorial ás 12.30 horas do segundo día hábil que non sexa sábado, seguinte a aquel en que remate o prazo sinalado para a presentación de proposicións. O devandito acto será público.

8. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Cambados, 9 de xuño de 2010.

Luis Aragunde Aragunde

Alcalde