DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

Consonte o establecido polo artigos 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galica, (LOUG) e 140 do Regulamento de planeamento, aprobado polo Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, sométese a información pública por período de 20 días hábiles (contados desde a última das publicacións que se inserirán no Diario Oficial de Galicia, no BOP da Coruña nun dos xornais de maior circulación da provincia) o expediente número 46/2005.PED de estudo de detalle de parcelas sitas en avda. Fisterra-trav. de Arteixo, presentado pola entidade Montearca 2000, S.L. e entendida outorgada a súa aprobación inicial en virtude do establecido polo artigo 90.1º LOUG, segundo o acordo da Xunta de Goberno Local con data do 30-7-2008.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido comparecendo nas dependencias do Servizo Municipal de Urbanismo e presentar alegacións se o xulgan oportuno.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñocidos neste procedemento sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se establecen no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Arteixo, 14 de agosto de 2008.

P.D. (Resolución 2301, do 13-11-2007)

José Luís Rama Rodríguez

Concelleiro de Urbanismo