DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

XURADO DE EXPROPIACIÓN DE GALICIA

CÉDULA do 20 de maio de 2010 pola que se notifica o Acordo do 4 de marzo de 2010, que fixa o prezo xusto do predio número 360-comp sito en Gomesende, relativo ao proxecto 00026, expediente 2008/002981.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1.-Notificar mediante a presente cédula a Isabel Pereira Fernández o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 4 de marzo de 2010, que fixa o prezo xusto do predio nº 360-comp sito en Gomesende, relativo ao proxecto 00026, expediente 2008/002981, cuxos datos se relacionan no anexo.

2.-Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superiror de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 10.1º i), 14.1º e 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referenciado nesta cédula está á

disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n de Santiago de Compostela, 15703.

3.-En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2010.

Manuel González Sarria

Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00026-Acondicionamento estrada C-531. Treito Vilavidal-Cortegada. Clave OU/99/59.1.

Nº expediente: 2008/002981.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Ourense.

Expropiado: Isabel Pereira Fernández.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Ourense.

Predio nº: 360-comp.

Municipio: Gomesende.

Provincia: Ourense.

Valoración resolución do xurado: 82,28 euros.