DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

XURADO DE EXPROPIACIÓN DE GALICIA

CÉDULA do 19 de maio de 2010 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto dos predios que se relacionan.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que os ditou, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 10.1º i), 14.1º e 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referenciado nesta cédula está á

disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2010.

Manuel González Sarria

Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

Ver referencia pdf "12700D044P054.PDF"