DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2010, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, para a subministración de mobiliario clínico con destino a diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia AI-SER2-10-028.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

c) Número do expediente: AI-SER2-10-028.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de mobiliario clínico.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de entrega da subministración: diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo máximo de entrega: 45 días naturais desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: adxudicación baseada na pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento sen IVE: 228.680,00 €.

Orzamento con IVE: 265.268,80 €.

Ver referencia pdf "12700D039P051.PDF"

5. Garantías.

a) Garantía provisional: si, 2% do orzamento de licitación.

b) Garantía definitiva: 5% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde. Dirección de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

d) Teléfonos: 881 54 27 66/881 54 27 68.

e) Telefax: 881 54 86 11.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 22 de xullo de 2010.

b) Documentación que deben presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Admisión de ofertas conxuntas: non se admiten.

9. Apertura das proposicións: a data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

10. Outras informacións: toda información relativa ao expediente farase pública na páxina web que se cita neste anuncio.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16 de xuño de 2010.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2010.

Pablo Torres Arrojo

Director de Recursos Económicos