DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2010, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, pola que se anuncia a contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo de fretamento total de aeronaves para o transporte de equipamentos sanitarios e órganos humanos para transplantes destinados a este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor AB-CHC1-10-020.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Servizo de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, As Xubias, 84, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico:

contrataciones.chuac@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: 22 de xullo de 2010.

2. Obxeto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de fretamento total de aeronaves para o transporte de equipamentos sanitarios e órganos humanos para transplantes destinados ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución/entrega: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

e) Domicilio: As Xubias, 84.

f) Localidade e código postal: 15006 A Coruña.

g) Prazo de execución/entrega: 24 mensualidades desde a data de entrada en vigor do contrato.

h) Admisión de prórroga: si. A duración do contrato, incluídas as prórrogas, non superará os 48 meses.

i) Establecemento dun acordo marco: non.

j) CPV: 60420000-8.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento: 1.402.128 euros, exento de IVE.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 22 de xullo de 2010.

b) Lugar de presentación:

c) Dependencia: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (planta baixa do Hospital A Coruña).

d) Domicilio: As Xubias de Arriba, 84.

e) Localidade e código postal: 15006 A Coruña.

f) Admisión de variantes: non.

g) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter su oferta: segundo o previsto no artigo 145 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas.

a) Dirección: sala de xuntas de Xestión do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. Planta soto do Hotel de Pacientes (anexo ao Hospital A Coruña). As Xubias de Arriba, 84.

b) Localidade e código postal: 15006 A Coruña.

c) Data e hora: a data de realización da apertura do sobre B, relativo a criterios non valorables de forma automática, e do sobre C, relativo a criterios valorables de forma automática, publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo DOG: 5,42 €/liña (se é urxente 10,82 €/liña). BOE: 21,12 €/liña (se é urxente 42,25 €/liña). DOUE: publicidade sen cargo.

10. Data de publicación no Diario Oficial de la Unión Europea do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 16 de marzo de 2010.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16 de xuño de 2010.

A Coruña, 9 de xuño de 2010.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña