DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2010 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto con varios criterios de valoración, para a adxudicación dos contratos non suxeitos a regulación harmonizada de execución das obras hidráulicas de abastecemento, saneamento e outras actuacións, dos proxectos de clave OH.136.908 e dous máis, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70% no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Tipo de contrato: obra.

d) Obtención de documentación e información.

1) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

-Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?OR=24

-A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706-Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.eposh@xunta.es

-A copistaría Copynino na rúa Feáns nº 19, Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono e fax: 981 58 89 38.

2) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición e lugar de execución: mellora e automatización da presa do Con. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Número de expediente: OH.136.908

Orzamento base de licitación: importe neto: 1.463.952,90 euros. IVE (%): 18. Importe total: 1.727.464,42 euros. Cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Prazo de execución (meses): oito (8).

Clasificación: grupo E, subgrupo 2, categoría c, grupo K, subgrupo 2, categoría d e grupo I, subgrupo 7, categoría c.

b) Descrición e lugar de execución: mellora do contorno do río Barosa. Barro (Pontevedra).

Número de expediente: OH.436.639.

Orzamento base de licitación: importe neto: 650.655,11 euros. IVE (%): 18. Importe total: 767.773,03 euros. Cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Prazo de execución (meses): seis (6).

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría c, grupo G, subgrupo 6, categoría c e grupo B, subgrupo 2, categoría c.

c) Descrición e lugar de execución: saneamento na Ribeiriña. Fase II. A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.955.

Orzamento base de licitación: importe neto: 583.028,39 euros. IVE (%): 18. Importe total: 687.973,50 euros. Cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Prazo de execución (meses): seis (6).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe en ningún dos contratos.

b) Definitiva: 5% do orzamento base de licitación, IVE excluído, para cada un dos contratos.

5. Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación: a exixida para cada contrato.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 2 de agosto de 2010.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Enderezo, localidade e código postal: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706-Santiago de Compostela (A Coruña).

b) Data e hora: as aperturas en acto público do sobre B o 12 de agosto de 2010 e do sobre C o 2 de setembro de 2010, ás 10.00 horas en ambos os dous casos.

8. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios proporcionalmente aos orzamentos de licitación dos contratos.

9. Outras informacións.

-Cofinanciamento da Unión Europea: o obxecto dos contratos indicados no punto 2 están cofinanciados polo Feder nun 70%, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2007-2013, Eixe 3. Unha maneira de facer Europa.

-CPV (Referencia de nomenclatura): a indicada no cadro de características de cada contrato.

-Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se atrasen, faranse públicas as novas datas mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil do contratante.

-Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como das adxudicacións provisional e definitiva faranse públicas no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2010.

Ethel Mª Vázquez Mourelle

Presidenta da Empresa Pública de Obras

e Servizos Hidráulicos