DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CÉDULA do 15 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2008/0029-1.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de seguridade e saúde laboral.

Faise saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e o interesado pode formular contra ela recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante o órgano xudicial que resulta competente por aplicación, e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Advírteselle que terá que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar no correspondente departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e no prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2010.

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa: Construcciones Lonva, S.L.

Enderezo: avenida Nostián, nave G, A Coruña.

Nº expediente: 2008/0029-1.

Acta de infracción: 167295/2007/1/H.

Data de resolución da dirección xeral: 15 de abril de 2010.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2º d) e 19.1º da Lei do estatuto dos traballadores no seu texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 14.1º, 15.1º a) e 17.2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; artigos 192 e 193 da Orde ministerial do 28 de agosto 1970 por remisión do artigo 15.2º do convenio colectivo xeral do sector da construción; Resolución do 26 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Traballo (BOE do 10 de agosto), artigos 10 d), 11.1º b) e 11.1º c) e o punto 3 a) e 3 b) da parte C do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, en conexión co previsto no artigo 3 e punto 3.1.2.2 do anexo II do Real decreto 1407/1992, do 20 de novembro, e artigo 3 b), c) e d), e anexo III, punto 9, do Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre equipamentos de protección individual.

Preceptos sancionadores: artigo 12.16º f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Sanción imposta: 6.000 €.