DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CÉDULA do 11 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2007/0307-1.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por medio desta cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de seguridade e saúde laboral.

Faise saber que a dita resolución remata a vía administrativa e o interesado pode formular contra ela recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante o órgano xudicial que resulta competente por aplicación e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Advírtese que terá que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar no correspondente departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2010.

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa: Govisa Ingeniería y Montajes, S.L.

Enderezo: r/ Rosalía de Castro, 32. 36001 Pontevedra.

Nº expediente: 2007/0307-1.

Acta de infracción: 485/2007/1/H.

Data de resolución da dirección xeral: 6 de abril de 2010.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2º d) e 19.1º da Lei do estatuto dos traballadores, no seu texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, artigo 14 da Lei de prevención de riscos laborais, Lei 31/1995, do 8 de novembro, en relación co punto 1.1 do anexo II do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipamentos de traballo.

Preceptos sancionadores: artigo 12.16º b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Sanción imposta: 1.503 €.