DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CÉDULA do 7 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se fai público o acordo de procedencia de reintegro de axuda ao programa para a promoción do emprego autónomo reguladas na Orde do 15 de marzo de 2005 (Diario Oficial de Galicia do 18 de marzo), relativa ao expediente AS341D 2005/1014-2.

Con data do 20 de abril de 2010, o xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo ditou a resolución pola que se acorda a procedencia do reintegro da axuda concedida a Ana María Macía Prieto, con número de expediente 341D 2005/1014-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante este departamento territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 7 de xuño de 2010.

Antonio Dacal López

Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 341D 2005/1014-2.

Nome: Ana María Macía Prieto.

DNI/NIF: 40994445-G.

Último enderezo coñecido: rúa Reboredo, 26, 3º, 27400, Monforte (Lugo).

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 15.a) da Orde do 15 de marzo de 2005 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo para o ano 2005.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.