DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación onde se reflicte o acordo acadado na Asemblea Extraordinaria celebrada o 10 de decembro de 2009, na que se recolle a modificación dos estatutos da dita asociación.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2010.

Odilo Martiña Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais