DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

CÉDULA do 18 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º e 84 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle e outórgaselle audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa de autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante vista da inspección, o Servizo de Inspección de Turismo, dependente deste departamento, comprobou que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a que foron autorizados no seu día.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, este departamento territorial, acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se notifica aos titulares dos establecementos referidos no dito anexo, para que no prazo de 15 días poidan efectuar as alegacións que estimen pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, no Departamento Territorial de Cultura e Turismo de Lugo.

ANEXO

Nome establecemento: Mesón A Roda.

Titular: Higinio Fernández Amado.

Sinatura: R.LU-1201.

Enderezo: Baixada ao Porto, nº 9.

Localidade: Burela.

Concello: Burela.

Nome establecemento: Júpiter.

Titular: Jesús Díaz Pereira.

Sinatura: R.LU-0872.

Enderezo: avenida Arcadio Pardiñas, nº 146.

Localidade: Burela.

Concello: Burela.

Nome establecemento: Avenida.

Titular: Ángeles Reigosa Pernas.

Sinatura: C.LU-0091.

Enderezo: avenida Estrada Xeral, s/n.

Localidade: Burela.

Concello: Burela.

Nome establecemento: Casa del Mar.

Titular: David Rivas Díaz.

Sinatura: R.LU-0540.

Enderezo: Rosalía de Castro.

Localidade: Burela.

Concello: Burela.

Lugo, 18 de xuño de 2010.

José Carlos Rodríguez Andina

Xefe territorial de Lugo