DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Ordes. (Expediente IN407A 09/544).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Enderezo social: rúa José Ángel Valente, 17-bajo, local 62, 15706 Santiago.

Denominación: L.M.T., C.T.S. autoestrada Ordes.

Situación: concello de Ordes.

Características técnicas:

Liña de media tensión aerosubterránea, a 20 kV, con orixe na L.M.T. As Pardiñas-Marís (exp. 163/02), cun tramo aéreo de 1.885 m de lonxitude e condutor LA-30 e un tramo subterráneo de 75 m de lonxitude e condutor R.H.V. 3 (1×70 Al) e final no C.T. área de servizo Ameixeira Norte, tipo caseta de 100 kVA de potencia, de relación de transformación 20/0,23-0,4 kV.

Liña de media tensión aérea con orixe no apoio 78 da liña anterior, de 22 m de lonxitude, condutor LA-30 e final no C.T. tipo caseta, área de servizo Ameixeira Sur de 100 kVA de potencia.

Liña de media tensión aérea coa orixe no apoio nº 67 da liña de media tension aereo-subterranea, de 400 m de lonxitude, en condutor LA-30 e final no C.T. aéreo da peaxe da Ameixeira de 100 kVA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de xuño de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña