DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello do Valadouro. (Expediente IN407A 09/217-2, 7539 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reforma do C.T. avda. de Viveiro e enlace con R.B.T.S. existentes.

Situación: concello do Valadouro.

Características técnicas:

-L.M.T.S. a 20 kV, consistente en incluír o C.T. proxectado na rede existente, cunha lonxitude de 30 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.

-C.T. avda. de Viveiro compacto tipo Ormaset, cunha potencia proxectada de 630 kVA, unha potencia inicial de 250 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

-Conexión coas R.B.T. aéreas existentes, con orixe no C.T. proxectado e final nas R.B.T. existentes, en condutores tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 9 de xuño de 2010.

José Manuel Vázuez Leirado

Xefe territorial de Lugo