DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Rairo II no concello de Ourense. (Expediente IN407A 10/37-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32900 Velle.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Rairo II.

Situación: Ourense.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 565 m, con condutor R.H.Z.1 e orixe no C.T. Rairo (32C72) e remate no C.T. proxectado prefabricado Rairo II, de 400 kVA e r/t 20.000/400-230 V. R.B.T. subterránea de 182 m, con condutor X.Z.1 derivada do C.T. proxectado. Orzamento: 165.953,48 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Ourense, 3 de xuño de 2010.

Gabriel Diéguez Domínguez

Xefe territorial de Ourense