DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica L.M.T. e C.T. estación Renfe Vilavella no concello da Mezquita. (Expediente IN407A 10/36-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32900 Velle.

Denominación: L.M.T. e C.T. estación Renfe Vilavella.

Situación: A Mezquita.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 49 m, con condutor tipo LA-56 e orixe no apoio da derivación L.M.T. planta de granulados Cuarzos Granulados, S.L. (expediente 2004/080) e remate no C.T. proxectado intemperie estación Renfe Vilavella, de 100 kVA e r/t 20.000/400-230 V. Orzamento: 21.069,52 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Ourense, 3 de xuño de 2010.

Gabriel Diéguez Domínguez

Xefe territorial de Ourense