En cumprimento do disposto no artigo 12 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, e 85.5º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica, do 14 de xuño de 2010, do Plan especial de infraestruturas e dotacións da zona E69B O Rebel-Vilalonga do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Esta memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet:
http://aae.medioambiente.xunta.es/
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2010.
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental