DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.328

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (88/2010).

En virtude do acordado por Fernando Fernández Olmedo, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número un de Lugo, de conformidade coa resolución ditada con data de hoxe na execución 88/2010 (autos 568/2009), seguido por instancia de Antonio Trashorras Nogueira contra a empresa Vilcon, S.L., da cal se ignoran o seu domicilio e paradoiro actuais, ditouse auto de embargo cuxa parte dispositiva di:

Acórdase o embargo do vehículo propiedade do executado, que a seguir se describe cos datos de identificación coñecidos:

Matrícula: LU8925W.

Marca: Nissan.

Modelo: dic-UP 5T 2P.

Nª bastidor/nº de chasis, de ser o caso: JN1BGUD22U0029655.

Noméase depositaria dese vehículo a empresa executada, que queda obrigada a conservalo baixo apercibimento de incorrer en responsabilidade penal se incumprir as súas obrigas, sen prexuízo de proceder ao seu precinto.

Expídase e remítase directamente e de oficio mandamento por duplicado ao rexistrador de bens mobles para que practique a anotación preventiva do embargo que corresponda sobre o vehículo indicado, expida certificación de o ter feito, da titularidade que conste do ben e, de ser o caso, das súas cargas e gravames. Advírtese que deberá comunicar a este xulgado a existencia de ulteriores asentos que puidesen afectar o embargo anotado (artigo 253 da Lei de procedemento laboral) e do cal se deberá devolver un exemplar debidamente cuberto.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, e que sirva de notificación á empresa demandada Vilcon, S.L., en paradoiro descoñecido, coa advertencia de que se notificarán as resolucións nos estrados do xulgado, expido esta cédula, que asino en Lugo o 7 de xuño de 2010.

O secretario xudicial

Rubricado