DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.328

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (926/2009 M).

Luisa Represa Garazo, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número oito de Vigo, certifica que foi ditada a seguinte sentenza nos presentes autos que a seguir se expresa, a fin de ser notificada ao demandado que está en paradoiro descoñecido, Bebidas Catalogadas, S.L.

«Sentenza 8/2010.

Susana Álvarez García, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número oito de Vigo, viu os autos sinalados co 926/2009M, seguidos polos trámites do xuízo verbal por instancia de Vigo Camiño Novo, S.L., representada pola procuradora Mª Rosa Marquina Tesouro e asistida do letrado Salustiano González-Lojo Sáez, contra Bebidas Catalogadas, S.L., en rebeldía, e dita a seguinte sentenza:

Estimando a demanda formulada en autos de xuízo verbal número 926/2009 pola procuradora Mª Rosa Marquina Tesouro, en nome e representación de Vigo Camiño Novo, S.L., contra Bebidas Catalogadas, S.L., debo condenar e condeno a demandada a restituír á demandante a posesión do televisor LCD LG 42(( 42 LE2RLG co seu soporte Plasma Vivanco WMS751 PLS da súa propiedade, e a lle pagar as custas procesuais causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de 5 días a partir da súa notificación, despois de depositar a suma de 50 euros na conta de depósitos e consignacións do xulgado, segundo establece a disposición adicional décimoquinta da LOPX por reforma aprobada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial, pola que se modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Únase esta resolución ao libro da súa clase e déixese nos autos testemuño dela.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, en Vigo no dezaoito de xaneiro de dous mil dez».

E para que conste e para a súa debida notificación ao demandado, que está en paradoiro descoñecido, Bebidas Catalogadas, S.L., que sirva este edicto de notificación e inserción nese diario oficial.

Luisa Represa Garazo

Secretaria xudicial