DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.327

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 30 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións como profesores especialistas en ensinanzas deportivas, na especialidade de baloncesto.

Primeiro.

Comunícase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para cubrir prazas de profesores especialistas en ensinanzas deportivas, especialidade de baloncesto.

Titulación: técnico deportivo superior en baloncesto ou equivalente (adestrador nacional) con experiencia como adestrador. Terán preferencia os que, ademais, sexan licenciados na actividade física e o deporte ou equivalente (INEF).

Segundo.-Prazo de solicitude.

O prazo para presentar a instancia de solicitude, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nos seus departamentos territoriais, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Terceiro.-Modelo de solicitude.

O modelo de solicitude poderá ser recollido na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nos seus departamentos territoriais e tamén está á disposición na páxina web da consellería, http://www.edu.xunta.es (profesores/as; xestión de profesorado).

Cuarto.-Comisión baremadora.

A asignación da puntuación que lles corresponde aos concursantes será efectuada por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Poderá asistir ás reunións da comisión, con voz e sen voto, un representante por cada unha das organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial docente non universitaria.

Quinto.-Requisitos dos candidatos.

-Estar en posesión da titulación e experiencia especificado na base primeira.

-Acreditar o certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou equivalente.

Non obstante o anterior, poderán presentar solicitudes aquelas persoas que, posuíndo a titulación sinalada, non posúan o certificado de lingua galega 4 ou equivalente. Estes candidatos poderán ser seleccionados, en defecto de candidatos que si o acrediten. Neste caso, de seren seleccionados, os candidatos deberán superar, no prazo máximo de dous anos desde que sexan nomeados, o certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou equivalente. A superación do devandito certificado deberá comunicarse á Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Sexto.

O baremo de acordo coa addenda asinada cos sindicatos da Mesa Sectorial Docente o 11 de xullo de 2006 será o publicado na fase de concurso do último concurso-oposición convocado no DOG.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2010.

José Manuel Pinal Rodríguez

Director xeral de Centros e Recursos Humanos