DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.327

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2010, da Dirección Xeral Centros e Recursos Humanos, pola que se comunica a publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional, convocados pola Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril).

A base común 9.3º da Orde do 16 de marzo de 2010 pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos citados corpos na Comunidade Autónoma de Galicia, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios ou persoal laboral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e que esta será publicada nesta consellería, nos seus departamentos territoriais e no seu enderezo da internet:

http://www.edu.xunta.es.

En consecuencia, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional, convocados pola Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril). Esta publicación farase na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nos seus departamentos e na páxina web (http://www.edu.xunta.es).

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá presentarse reclamación, no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, dirixidas ao director xeral de Centros e Recursos Humanos.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2010.

José Manuel Pinal Rodríguez

Director xeral de Centros e Recursos Humanos