Advertido un erro no punto 1.3 do plan de estudos resumido por curso académico, Terceiro curso e Cuarto curso da Resolución do 14 de abril de 2010, pola que se publica o plan de estudos de graduado en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios da Universidade da Coruña, esta reitoria, segundo o que dispón o artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, rectifica e publica o dito erro da forma que se indica:
Ver referencia pdf "12700D010P033.PDF"
Ver referencia pdf "12700D011P034.PDF"
A Coruña, 11 de xuño de 2010.
José María Barja Pérez
Reitor da Universidade da Coruña