DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 06 de xullo de 2010 Páx. 12.302

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca a concesión de axudas destinadas a sufragar os danos causados en vivendas polas inundacións acaecidas o día 9 e 10 de xuño na Mariña luguesa e nos concellos limítrofes.

Advertido un erro na publicación da Resolución do 2 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca a concesión de axudas destinadas a sufragar os danos causados en vivendas polas inundacións acaecidas os días 9 e 10 de xuño na Mariña luguesa e nos concellos limítrofes, na que non aparece o anexo co modelo de solicitude a que fai referencia o artigo 7º da resolución, procédese á publicación do citado anexo.

Publícase o anexo:

Ver referencia pdf "12700D003P010.PDF"