DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

Observado erro no anuncio da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, publicado no BOP nº 78, do 27 de abril de 2010 e no DOG nº 91, do 14 de maio de 2010, polo que se sometía a información pública a petición formulada por Solar Sailer, S.L., de licenza de obra e licenza de actividade para taller de mecánica rápida, escurecemento de cristais e lavado manual, que se situaba no nº 5 da avda. E. Martínez Garrido, toda vez que o lugar exacto da instalación é no nº 7 da mesma avenida, e non no nº 5, como se fixo figurar no dito anuncio.

De conformidade cos artigos 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do RXAP-PAC e 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, por petición presentada na Xerencia Municipal de Urbanismo pola entidade Solar Sailer, S.L., en que solicitaba licenza de obra e licenza de actividade para taller de mecánica rápida, escurecemento de cristais e lavado manual, na avda. E. Martínez Garrido nº 7, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na Oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 8 de xuño de 2010.

José Manuel Mariño Mendoza

Delegado da Área de Urbanismo e Vivenda