DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOBER

OFERTA de emprego público para 2010.

Por acordo da Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 18 de maio de 2010, aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2010 correspondente ás prazas que a continuación se citan, en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

-Persoal funcionario de carreira.

Número de vacantes: unha.

Denominación: auxiliar administrativo (escala de Administración xeral, subescala auxiliar de Administración xeral).

Grupo: C2.

Titulación: título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.

Sistema de selección: concurso-oposición.

-Persoal laboral fixo.

Número de vacantes: dúas.

Denominación: operario de servizos múltiples.

Titulación: certificado de escolaridade ou equivalente.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Sober, 25 de maio de 2010.

José Gómez Vázquez

Alcalde