DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

Liliana Grigorian Shamajian solicitOu licenza de apertura para taller de música na rúa das Tabaniscas 50, Santiago de Compostela (A Coruña). Consonte o Decreto nº 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/66/2010 pode consultarse no negociado de aperturas deste concello.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2010.

Mercedes Rosón Ferreiro

Concelleira delegada de Urbanismo