DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

EDICTO.

Durante o prazo de vinte días pódense presentar reclamacións en relación co expediente tramitado a instancia de Vego Supermercados, S.A.U. no que interesa licenza de obras e funcionamento de supermercado na rúa Ezequiel Massoni, nº 24-26.

Marín, 27 de maio de 2010.

Francisco A. Veiga Soto

Alcalde