DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO de información pública.

Begoña Fernández Moreira solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de nave de aloxamento de gando en réxime de estabulación libre en Penarrubia-Orbazai.

Cumprindo o disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, co fin de que durante este -que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto-, se poida examinar o expediente no servizo de licenzas, polas persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

Lugo, 19 de maio de 2010.

María Novo Pena

Delegada da Área de Urbanismo